HISTORIA

DENDE 1977 SOMOS UNHA DAS REFERENCIAS INDUSTRIAIS DA RÍA DE FERROL

Trinta e cinco anos Forestal do Atlántico é unha empresa con trinta e cinco anos de experiencia acumulada ás súas costas. Nacida como DESSA, froito do esforzo das antigas Empresa Nacional Bazán e Astano por dispoñer na ría de Ferrol dunha empresa dedicada ao deslastre, limpeza e desgasificación previa dos buques que chegaban á ría de Ferrol para a súa reparación e mantemento procedentes de todo o mundo.
En 1989 diversificamos as nosas actividades para fabricar colas e resinas para a industria madeireira. Hoxe, entrado o século XXI, somos un complexo industrial diversificado con numerosas liñas de produción e actividades que fixeron elevar a nosa facturación progresiva e constantemente, o que nos permite dar emprego directo a máis de dous centenares de persoas.
 

© Forestal del Atlántico S.A. » Aviso legal